Aviso legal e condicións de uso

AVISO LEGAL Y CONDICIONES DE USO DE LA WEB BEBEGADIS.ES

1. Aviso legal:

Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A., como cabeceira do grupo GADISA, e titular do sitio web BEBEGADIS.ES, cedeu o uso deste a GADISA RETAIL S.L.U, (pertencente ao grupo GADISA e á súa vez cabeceira do sub-grupo GADISA RETAIL) e ao tempo, encomendoulle a xestión do sitio web www.bebegadis.es, co fin de dar servizo do portal de Internet ás empresas do sub-grupo GADISA RETAIL e aos clientes e usuarios destas. Por iso, en adiante referirémonos unicamente a GADISA RETAIL, cos seguintes datos de contacto:

GADISA RETAIL SLU, C.I.F. B-15735590 e domicilio social no Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos (A Coruña), inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo 3.357, Sección Xeral, Folio 32, Folla c-24.918, inscrición 16ª.

GADISA RETAIL, como xestor da página web, pon a disposición dos usuarios as presentes “Condicións de Servizo e Política de Protección de Datos” en cumprimento do establecido na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE) e na lexislación correspondente á materia de protección de datos, e concretamente co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril. (en adiante “Estas Condicións”).


Dende o momento no que vostede decida acceder ao site e navegar por el, está aceptando sen reserva “Estas Condicións”. O acceso ao site é gratuíto e para navegar por el non é necesario que revele a súa identidade nin que facilite ningún dato persoal.

2. Condicións de uso da web:

Alta e rexistro de usuarios (LOGIN)

Existen seccións para as cales non é necesario darse de alta como usuario da web, polo que neste caso non se solicitará o rexistro na páxina, navegando libremente por ela sen que sexa necesario que facilite datos de carácter persoal nin doutro tipo.


Porén, o usuario deberá estar dado de alta e rexistrado previamente para poder participar nas seguintes accións levadas a cabo no sitio web BebeGadis.es:

a) Publicación de comentarios nos artigos de contido.
b) Publicación de posts.
c) Publicación de respostas.
d) Participación activa con posibilidade de optar a premios das promocións

As claves de acceso utilizadas no rexistro son para uso persoal e exclusivo do usuario titular delas, e a súa custodia, confidencialidade e correcta utilización son da súa exclusiva responsabilidade. GADISA RETAIL, S.L.U. non será responsable por ningún prexuízo no que o usuario ou terceiros poidan incorrer como consecuencia de que outras persoas utilicen o seu contrasinal, con ou sen consentimento ou coñecemento do usuario.

GADISA RETAIL reserva para si o dereito a modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento do usuario ditas modificacións, entendéndose como suficiente o aviso da dita modificación no sitio web.

Contidos da web

Este sitio web presenta los siguientes contenidos:

1. Promoción Bebé Gadis Enxoval: Sección na que se comunicará ao usuario todos os aspectos e funcionamento da promoción Enxoval de BebeGadis. Consultar Bases Legais Promoción Bebegadis
2. Consellos Expertos: Sección na cal os usuarios poderán ver consellos sobre a saúde e coidado do bebé e onde existirá tamén unha sección a través da cal se poderá consultar ao profesional que atenderá as consultas feitas polos usuarios. A simple lectura destes artigos de contido así como a lectura dos posts e respostas do foro non requirirá rexistro previo.
3. Consellos: Sección exclusiva para os artigos de contido con consellos desenvolvidos por parte de profesionais e que prestará a posibilidade de que os usuarios “Rexistrados previamente” realicen comentarios ao respecto. Ditos comentarios serán previamente filtrados polo administrador da web.
4. Consultorio: Sección na que os usuarios poderán participar logo do rexistro e realizar consultas a un equipo de pediatras.
5. Promocións . Nesta sección lévanse a cabo varias promocións mediante introdución de códigos ou mediante a participación no Consultorio.
6. O programa: Publicacións dos vídeos das charlas sobre maternidade realizadas para BebeGadis.
7. Entretemento: Nesta sección preséntanse varios xogos en formato dixital.

A web bebegadis.es atópase traducida a dous idiomas, galego e castelán nas súas seccións comúns. No foro manteranse os comentarios na lingua na que se vertan.

Consultorio e Comentarios na sección Consellos

O acceso e a participación no consultorio na sección Consellos, ambas as dúas contidas no seo de www.bebegadis.es, implican a aceptación e o cumprimento das seguintes condicións:

1. Os usuarios comprométense a respectar as presentes condicións, a lexislación vixente, as esixencias da moral e os bos costumes xeralmente aceptados. En particular, o usuario deste servizo evitará calquera atentado contra a dignidade e a liberdade das persoas, así como contra calquera outros dereitos e liberdades fundamentais.
2. Os usuarios evitarán calquera tipo de manifestación falsa, abusiva, obscena, ameazadora ou que infrinxa de calquera xeito a lexislación vixente.
3. As intervencións dos usuarios estarán sempre presididas polo respecto ás terceiras persoas, intervintes ou non nestas seccións, e ás opinións do resto dos participantes.
4. Malia o anterior, GADISA RETAIL, S.L.U. procurará en todo momento a correcta utilización destes mecanismos ou servizos, e velará polo máximo respecto á dignidade das persoas e á liberdade de expresión, reservándose en todo caso o dereito a denegar ou eliminar as intervencións de contidos ilícitos ou que considere inconvenientes sen necesidade de ningunha xustificación ou explicación, en canto teña coñecemento efectivo delas.
5. En aras da utilidade e efectividade de ambas as seccións, GADISA RETAIL, S.L.U. denegará ou eliminará as seguintes mensaxes:
• As que no estean relacionadas coa temática do consultorio ou consellos.
• As que substancialmente sexan reprodución doutras intervencións anteriores.
• As que teñan contidos ou fins excesivamente comerciais ou de promoción.
• As que claramente conculquen dereitos de autor ou de calquera outra clase.
• As que abusen dos servizos utilizándoos unicamente como canle de solicitude de información para investigacións de mercado ou enquisas.
• As que conteñan comentarios reiterativos, ou a súa lonxitude resulte excesiva.

Consultas Expertos
Esta sección permite ao usuario rexistrado presentar consultas ou dúbidas sobre consellos de saúde e coidados do bebé. Este servizo non é un Consultorio Médico, e polo tanto, non substitúe, en ningún caso, a consulta médica directa ou consulta médica convencional. Unicamente se darán recomendacións e consellos de saúde que non poden ser considerados diagnósticos, nin tampouco tratamentos médicos, polo que o usuario queda advertido de que unicamente serven para orientalos e que ha de consultar ao seu médico para un diagnóstico personalizado que poida apoiarse en probas médicas.

O experto realiza recomendacións coa única valoración dos datos achegados por vostede polo que non existe outro tipo de posibles valoracións (probas médicas/diagnósticas), é por iso que non constitúen un diagnóstico e non poden ser tomadas como tal.

En consecuencia, GADISA RETAIL, S.L.U. limita a súa actuación á simple conexión entre expertos e usuario final, polo que queda exonerada de calquera consecuencia que poida ter unha mala interpretación ou mala utilización do aquí comentado.

SUPERVISIÓN DE CONTIDOS
Este sitio web ten por obxecto crear un espazo no que os Usuarios poidan participar na promoción/s e realizar as distintas actividades detalladas máis arriba, todo isto, a través das ferramentas que se poñen á súa disposición neste sitio Web.

A utilización da web de GADISA RETAIL, S.L.U. deberá obedecer ao contido destas Condicións Xerais, a calquera disposición legal aplicable e ás esixencias da moral e os bos costumes xeralmente aceptados, así como os de orde pública.

Salvo autorización previa e expresa de GADISA RETAIL, S.L.U. os usuarios unicamente poderán utilizar os seus contidos e servizos para uso propio e persoal e, polo tanto, absteranse de realizar calquera acto que, directa ou indirectamente, supoña unha explotación comercial deles.

En todo caso, os usuarios utilizarán os contidos e servizos facilitados por GADISA RETAIL, S.L.U. de conformidade coa legalidade vixente, e asumirán as responsabilidades que lles correspondan polas condutas ou actividades que, en calquera forma, poidan resultar ilícitas ou lesivas para dereitos de terceiros ou que poidan prexudicar, impedir ou limitar a utilización deste website a outros usuarios.

En particular, e a título non limitativo, os usuarios comprométense a non captar datos ou contidos con fins publicitarios, así como a non transmitir ou difundir a través de bebegadis.com mensaxes, imaxes, fotografías, software, datos ou contidos que:

• Contraveñan ou atenten contra dereitos fundamentais recoñecidos polo ordenamento xurídico.
• Induzan, inciten ou promovan actuacións delitivas, denigradoras, difamatorias, violentas, discriminatorias por razón de sexo, raza, relixión ou ideoloxía, ou, en xeral, sexan contrarias á lei, á moral ou á orde pública.
• Sexan falsos, ambiguos, inexactos, esaxerados, obscenos ou extemporáneos.
• Se atopen protexidos por calquera dereito de propiedade intelectual ou industrial pertencente a terceiro, salvo previa e suficiente autorización do seu lexítimo titular.
• Lesionen o dereito ao honor, á intimidade persoal, á propia imaxe de terceiras persoas ou infrinxan a normativa sobre o segredo ou confidencialidade das comunicacións.
• Constitúan publicidade ilícita, enganosa ou desleal.
• Conteñan virus, troianos, vermes ou calquera outro material ou programa que poida danar ou alterar o funcionamento de equipos ou sistemas informáticos.
Os usuarios responderán dos danos e perdas de calquera clase que GADISA RETAIL, S.L.U. poida sufrir, directa ou indirectamente, como consecuencia do incumprimento da normativa vixente ou de calquera das obrigas derivadas das condicións xerais de uso deste website.

En consecuencia, GADISA RETAIL, S.L.U., supervisará os contidos albergados no sitio web e reserva para si o dereito a retirar estes e a denegar o acceso a este sitio web a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais e iso, sen previo aviso ou xustificación.

RESPONSABILIDADE
GADISA RETAIL, S.L.U., queda eximida de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo.

GADISA RETAIL, S.L.U. non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web www.bebegadis.com. Malia o anterior e en cumprimento do disposto no art. 11 e 16 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, GADISA RETAIL, S.L.U. ponse a disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou se é o caso, bloqueo de todos aqueles contidos que puidesen afectar ou contravir a lexislación nacional, ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, rógase que o notifique de forma inmediata ao administrador do sitio web.

GADISA RETAIL, S.L.U. poderá suspender temporal ou permanentemente os servizos ou contidos por razóns de actualización, mantemento, reparación dos seus sistemas ou por razóns de índole empresarial.

GADISA RETAIL, S.L.U. non se responsabiliza por erros e/ou danos derivados da incompatibilidade dos servizos ou contidos deste sitio web con outros servizos, contidos ou programas informáticos utilizados polo Usuario.

Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento. Non obstante, o prestador non descarta a posibilidade de que existan certos errores de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas, ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.

PROTECCIÓN DE DATOS:
De conformidade coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, GADISA RETAIL, S.L.U., como responsable do sitio web www.bebegadis.es informa a todos os usuarios do sitio web que faciliten ou vaian facilitar os seus datos persoais, que estes serán incorporados nos ficheiros titularidade de GADISA RETAIL, S.L.U.

Os usuarios, mediante a marcación do cadro de “Acepto Condicións xerais de uso”, aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca que os seus datos persoais sexan tratados por parte do prestador para realizar as seguintes finalidades:

1. Participar na promoción/s que se presente nela, así como, para atender a relación dos usuarios deste sitio web
2. Realizar estudos estatísticos
3. Tramitar encargos, solicitudes ou calquera tipo de petición que sexa realizada polo usuario a través de calquera das formas de contacto que se poñen a disposición do usuario no sitio web da compañía.
4. No caso de futuros servizos, promocións ou similares, indicarase a finalidade/s nos formularios de recollida de datos establecidos para o efecto ou nestas Condicións Xerais de Uso.

As categorías de datos corresponden a datos identificativos, nome e apelidos, alcume, provincia, datos de contacto: email, teléfono.
O tratamento dos datos persoais levados a cabo por Gadisa Retail S.L.U. responde exclusivamente aos fins establecidos anteriormente e correspondentes aos que lle foron requiridos, estando lexitimada para iso polo consentimento que expresamente se outorgou ao aceptar as presentes condicións. O tempo de conservación dos datos será o correspondente á duración da relación comercial entre Gadisa Retail, S.L.U e o cliente, ou ata que exerza os seus dereitos de cancelación ou supresión.

GADISA RETAIL, S.L.U. garante en todo caso ao usuario o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, á limitación do seu tratamento ou á portabilidade de datos, nos termos dispostos na lexislación vixente. Poderá exercer os seus dereitos dirixíndose por correo postal a GADISA RETAIL, S.L.U. Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos (A Coruña) ou á dirección de correo electrónico lopd@gadis.es con referencia “Protección de Datos- BEBEGADIS.ES” a través dun escrito asinado para o efecto achegando unha fotocopia do seu DNI.

Igualmente ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos.
Do mesmo xeito, GADISA RETAIL, S.L.U. adoptou todas as medidas técnicas e de organización, necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos de carácter persoal que trate, así como para evitar a súa perda, alteración e/ou acceso por parte de terceiros non autorizados.

Uso de Cookies e do ficheiro de actividade
GADISA RETAIL, S.L.U. pola súa propia conta ou a dun terceiro contratado para a prestación de servizos de medición, poden utilizar cookies cando un usuario navega polo sitio web. As cookies son ficheiros enviados ao navegador por medio dun servidor web coa finalidade de rexistrar as actividades do usuario durante o seu tempo de navegación.

As cookies utilizadas polo sitio web asócianse unicamente cun usuario anónimo e o seu ordenador, e non proporcionan por si mesmas os datos persoais do usuario.

Mediante o uso das cookies resulta posible que o servidor onde se atopa a web, recoñeza o navegador web utilizado polo usuario coa finalidade de que a navegación sexa máis sinxela, permitindo, por exemplo, o acceso aos usuarios que estean rexistrados previamente, acceder ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente a eles sen ter que rexistrarse en cada visita. Empréganse tamén para medir a audiencia e parámetros do tráfico, controlar o progreso e número de entradas.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información.

As cookies utilizadas neste sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal coa única finalidade de facer máis eficaz a súa transmisión ulterior. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.

Direccións IP
Os servidores do sitio web poderán detectar de maneira automática a dirección IP e o nome de dominio utilizados polo usuario. Unha dirección IP é un número asignado automaticamente a un ordenador cando esta se conecta a Internet. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor debidamente inscrito que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións unicamente estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servizos web, a orde de visitas, o punto de acceso, etc.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
O sitio web www.bebegadis.es, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos son propiedade de GADISA RETAIL, S.L.U. ou se é o caso dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web están debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.

Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización, require en todo caso da autorización escrita previa por parte do prestador. Calquera uso non autorizado previamente por parte de GADISA RETAIL, S.L.U. será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos a GADISA RETAIL, S.L.U. e que puidesen aparecer no sitio web, pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible controversia que puidese suscitarse respecto destes. En todo caso, GADISA RETAIL, S.L.U. conta coa autorización expresa e previa pola súa parte.

GADISA RETAIL, S.L.U. recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual, non implicando a súa simple mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade ningunha do prestador sobre eles, como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación pola súa parte.

Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do seguinte correo electrónico bebegadis@gadisa.es

AVISO A MENORES DE IDADE
Se es menor, interesarache saber que:
Se es menor de catorce anos non poderás rexistrarte neste sitio web. No caso de que sexas maior de catorce anos pero menor de idade GADISA RETAIL, S.L.U. recoméndache que avises aos teus pais ou representantes antes de entrar neste sitio web. Eles poderán explicarche a Política de Privacidade, e poderás participar con eles de todas as posibilidades que ofrece o sitio web de bebegadis.com

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais da Coruña.